viernes, 28 de octubre de 2011

Hoxe, Nova York!



É a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Amsterdam, que pasou logo a mans inglesas.
Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na sua área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos da América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndose nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela cidade altamente cosmopólita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.
As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").
Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socio-económico. Cerca de un millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pela cidade. Moitas persoas, os "sen-teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando a moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldos ou outras rexións do país.
Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos - se non do mundo - atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario